Utilizamos cookies de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.

   Saber máis - Aceptar.

© PRAZAS E MERCADOS. FEDERACIÓN DE PRAZAS DE ABASTOS DE GALICIA

ALBACORA EMPEDRADA CON ARÁNDANOS

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Presentamos unha receita sana, vistosa, e moi doada de elaborar, neste caso con Albacora ou Peixe Espada de protagonista.

 

 

 

Albacora empedrada con arándanos

 

Ingredientes para 2 persoas:

  • 400 gr. Albacora (peixe espada) en lombos
  • 100 gr. Sementes de mapoula
  • 100 gr. Azucre moreno
  • 10 gr. Pementa
  • 200 gr. Sal
  • 200 gr. Confeitura de arandos
  • Vinagre de mazá
  • 2 gr. Xenxibre
  • 10 Framboesas

 

Comezamos sacando os lombos do  albacora, dos dous principais tentaremos lograr 4 ou 5 pezas rectangulares o máis uniformes posibles (se non se ten experiencia cortando peixe podemos pedirlle ao noso peixeiro que nolo faga).

 

Nun recipiente mesturamos ben o azucre moreno, a pementa e o sal. Imos introducindo os lombos, lixeiramente  hidratados cun pouco de aceite de oliva, e  rebozándoos a conciencia coa mestura, de maneira que esta quede impregnada  uniformemente. Noutro recipiente colocamos as sementes de mapoula e realizamos a mesma operación, introducimos os lombos  rebozados coa anterior mestura e procuramos que queden totalmente envolvidos polas sementes de mapoula.

 

Poñemos unha tixola a lume medio cun pequeno  chorrito de aceite de oliva e imos pasando os lombos, sempre con espazo entre eles de maneira que non se toquen e procurando que non se queimen. Retirámolos con coidado a un recipiente e con suavidade botamos un pequeno  chorriño de vinagre de mazá a cada un, colocámolos sobre unha táboa de corte e imos realizando cortes de maneira transversal.

 

Nun morteiro machucamos uns 3  gr. de  xenxibre picado, 5 ou 6  framboesas, 1 cullerada xenerosa de confeitura de arandos, e un  chorriño de vinagre de mazá (no canto dun morteiro podemos utilizar unha batedora).

 

 

 

 

 

 

GALERÍA DE IMAXES

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

 

VÍDEO-RECEITA

Por algún motivo no se a completado la carga del separador, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

COMPARTE!